CRTVG

Buscar

Temen que despois de Reis se produza un incremento dos contaxios de covid-19

Publicado o 30/12/2020 14:39

Hai varias comunidades en risco extremo. Entre elas, están en alerta alta ou máxima Madrid, Cataluña, Valencia e as Baleares. Alí, a illa de Mallorca é a que ten un maior incremento de casos. Pero o peor pode estar por vir. Os expertos temen repuntes maiores despois de Reis.

O aumento de infectados por coronavirus derivado da maior mobilidade durante a ponte do 8 de decembro e das compras previas a Nadal fai temer más contaxios nestas datas. Os que se puideran ter producido nas reunións familiares de Noiteboa e Nadal non están computados, ou non de todo, e aínda quedan por celebrar Ano Vello e Reis.

"Para Reis veremos os efectos da Noiteboa e do Nadal e unha semana despois os do fin de ano. Todo apunta a que se está a producir un incremento de casos que en xaneiro será moito maior", di o epidemiólogo e catedratico da Universidade de Santiago Juan Gestal.

Baleares é a comunidade que máis preocupa, xa que o número de pacientes ingresados en UCI aumentou un 50 por cento nunha semana. Outras como Valencia, Cataluña ou Madrid contabilizaron picos que non se producían desde outubro ou novembro.

Para evitar aglomeracións, a Porta do Sol de Madrid, onde tradicionalmente se celebran as badaladas de cambio de ano, vai estar pechada ó publico e un dispositivo policial vixiará os accesos.

Noticias web

30/12/2020