Tellado pide non buscar culpables, senón solucións
Publicado o 03/05/2019 14:50
Pablo Casado asistirá mañá á romaría popular que o PPdeG organizou no concello do Pino para dar o tiro de saída ás eleccións municipais de maio. Será a primeira vez que coincidan Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo logo dos comicios do domingo.
Esta mañá o secretario xeral dos populares galegos insistía na idea de ensanchar o partido para recuperar os votos perdidos. Miguel Tellado pide non buscar culpables, senón solucións.
"Creo que non gañamos nada sinalándonos os uns aos outros a ver quen é o culpable ou quen ten máis culpas non? Aquí non se trata de buscar responsables ou culpables. Aquí hai que buscar solucións e eu creo que ese debería ser o camiño", dixo o secretario xeral do PPdeG.