CRTVG

Buscar

Tellado di que PSdeG e BNG apoiarán os presupostos do Estado "sexan cales sexan"

Publicado o 01/10/2021 12:46

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou este venres que o seu partido ten unha esperanza "mínima" en que os presupostos xerais do Estado lle dean a Galicia un trato "xusto" e anticipou que PSdeG e BNG van apoiar as contas "sexan cales sexan".

Tellado advertiu ademais que o Goberno está "fóra de prazo" para aprobar os orzamentos e que as Cortes poidan tramitalos para que entren en vigor o próximo 1 de xaneiro.

Achacou este "incumprimento" do Goberno á pugna interna entre os socios que o conforman, PSOE e Unidas Podemos, e á súa "dependencia" parlamentaria de partidos independentistas que non cren no Estado español.

Noticias web

01/10/2021