Teletraballando nun hotel balneario
Publicado o 13/05/2021 20:23
O balneario de Laias, no concello ourensán de Cenlle, ofrece un novidoso programa para teletraballar comodamente no seu hotel.
Nada que ver teletraballar con estas vistas previlexiadas ao río Miño que nun piso na cidade.
Para esas horas fóra da xornada laboral pode relaxarse nas piscinas termais, contratar tratamentos de beleza e saúde e desfrutar doutras propostas de lecer.
15 días de teletraballo no hotel de Laias, con pensión completa e acceso ao balneario custa 750 euros.