CRTVG

Buscar

Telefónica busca un axuste de persoal que afecta 5.000 traballadores

Publicado o 10/09/2019 08:00

Ollo co anuncio que pode deixa esta mañá o Consello de administración de Telefónica. A empresa podería aprobar un novo axuste do cadro de persoal. Afectaría 5.000 traballadores. Todo dentro dun novo plan de baixas pactadas para maiores de 53 anos.

Se toman a decisión, o plan sería presentado á parte social mañá, mércores, no marco da negociación do convenio colectivo.

Telefónica España conta con 25.000 empregados.

Noticias web

10/09/2019