CRTVG

Buscar

Aprobado o teito de gasto, chave para o visto e prace aos orzamentos no Congreso

Publicado o 27/02/2020 14:54

•Aprobado con 168 votos a favor, 150 en contra e  as abstencións de Esquerra, Bildu e o BNG

• PP e Vox critican que os presupostos supoñan un aumento do gasto público

• María Cadaval: "É necesario fixar o teito de gasto porque é o marco de xogo dentro do que se van desenvolver os orzamentos"

En Madrid, o Congreso dá o primeiro paso para aprobar os presupostos. Foi posible coa abstención de Esquerra, Bildu e o BNG. Os novos obxectivos de déficit e o teito de gasto saíron adiante por 168 votos a favor, 150 en contra e 19 abstencións. O Goberno agarda aprobar os presupostos antes de que remate o verán. 

A ministra Montero pediu aos grupos da cámara que non bloqueen esta iniciativa clave para sacar adiante os presupostos.

O PP acusou o Goberno de oportunista e criticou que a proposta de Facenda supoña un aumento importante do gasto público. Vox tamén di que o aumento do gasto público é unha irresponsabilidade.

Satisfacción no Goberno. Cunha suba do límite de gasto, case catro puntos, e do déficit ata o 1,8 conseguiron o apoio de grupos como Coalición Canaria, PNV ou Más País, pero foron clave as abstencións. A de Esquerra pola Mesa de Diálogo con Cataluña.

Bildu abstívose despois de negociar co PSOE cambiar a regra de gasto a favor das comunidades e concellos con superávit. A terceira abstención foi a do deputado do BNG.

Entre os 150 votos en contra, os do outro grupo catalán na Mesa de Negociación, Junts per Cat, e os principais grupos da oposición, PP, Ciudadanos e Vox.

O trámite presupostario segue agora no Senado.

Noticias web

27/02/2020