CRTVG

Buscar

Tecnoloxía galega para producir enerxía máis barata

Publicado o 21/04/2017 14:02

É o obxectivo co que se construíu unha plataforma de xeración de enerxía eléctrica de mareas que se botou a primeira hora desta tarde en Vigo

Tecnoloxía galega para producir enerxía máis barata. É o obxectivo co que se construíu unha plataforma de xeración de enerxía eléctrica de mareas que se botou a primeira hora desta tarde en Vigo. 

Esta estrutura levaba case un mes chamando a atención no peirao de trasatlánticos de Vigo e por fin, xa está lista para ser probada na auga. O que fai único no mundo a este muíño flotante, deseñado e construído en Galicia con apoio da Universidade de Vigo e da Comisión Europea, é que ten acceso á sala de máquinas.

A ría de Vigo é o seu primeiro escenario, a partir de setembro, as augas bravas das illas escocesas das Orcadas porán a proba a resistencia deste prototipo, con capacidade para producir enerxía para 2.000 vivendas unifamiliares. Os seus impulsores calculan que despois dun ano de funcionamento, a plataforma estará lista para entrar no mercado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017