CRTVG

Buscar

Tecnoloxía galega nun macroescáner que detecta materiais radiactivos

Publicado o 27/03/2018 15:01

A seguridade é unha das principais preocupacións nos controis portuarios. Unha empresa galega acaba de desenvolver un escáner de nova xeración que permite detectar se hai agochado material radiactivo nos contedores. Trátase dunha innovación cen por cento galega de última xeración.

Este prototipo de macroescáner emprega raios cósmicos para comprobar a densidade dos materiais que hai no interior dun contedor. Tecnoloxía de nova xeración para saber se hai elementos radiactivos agochados, mesmo se van blindados con chumbo. 

Trátase dun macroescáner cen por cento galego, único no mundo. 

A empresa Digafer naceu hai 23 anos deseñando maquinaria para traballar a pedra e dende entón foi diversificando a súa actividade a través da innovación tecnolóxica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2018