CRTVG

Buscar

Técnicos forestais da Xunta reclaman melloras nas súas condicións laborais

Publicado o 29/06/2020 15:20

Técnicos forestais da Xunta concentráronse en Santiago para reclamar melloras nas súas condicións de traballo. 

Demandan un incremento do cadro de persoal e unha redución do horario anual que, segundo apuntan, supera en máis de 500 horas o doutros traballadores públicos.

Os representantes sindicais do persoal de prevención de incendios lembran que as negociacións con Medio Rural comezaron hai xa dous anos e que polo momento non houbo avances significativos.

Noticias web

29/06/2020