CRTVG

Buscar

Técnicos do Medio Rural avalían os danos en 190 hectáreas do Ribeiro afectadas pola sarabia

Publicado o 02/09/2021 21:17

Das 190 hectáreas de viñedos do Ribeiro danados coa sarabia, 60 si tiveron unha afectación máis importante. É o caso da produción deste histórico adegueiro.
Os estragos do pedrazo están moi localizados en Gomariz, no concello de Leiro, e en Riobó, Cenlle. Nesta dúas zonas a cooperativa Viña Costeira ten 23 hectáreas en que hoxe avaliaban os danos.

Técnicos de Medio Rural e o conselleiro José González fixeron un percorrido polas viñas máis afectadas e lembraron aos viticultores a necesidade de aplicar medidas preventivas.

O conselleiro engadiu que se o tempo non fai máis estragos, esta vendima no Ribeiro será extraordinaria en calidade e cantidade.
 

Noticias web

02/09/2021