CRTVG

Buscar

Técnicos do Concello de Pontevedra intentan salvar un magnolio centenario

Publicado o 08/03/2018 14:26

No corazón da zona histórica de Pontevedra intentan salvar unha árbore centenaria e emblemática na cidade. Trátase dun magnolio duns 40 metros de altura que corre o risco de derrubarse a causa dunha fenda profunda no tronco.

A zona permanece acordoada mentres se podan as grandes ramas da árbore. O seguinte paso será analizar a fenda para poder salvar o magnolio que forma parte da paisaxe pontevedresa desde hai máis de cen anos.

Foron os propios veciños da zona os que alertaron da existencia dunha fenda no tronco do magnolio. Ante o risco de caída, a Policía Local mantén a zona acordoada para garantir a seguridade dos viandantes, mentres se realizan os traballos de poda na árbore.

O magnolio está situado dentro dunha propiedade privada na praza de Méndez Núñez no corazón da zona vella pontevedresa. Cuns 40 metros de altura, ten máis de cen anos de vida. 

O seguinte paso será analizar a fenda para intentar salvar o magnolio que xa é un símbolo emblemático da cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018