CRTVG

Buscar

Tebas: "Xogarase e acabarase a Liga"

Publicado o 07/04/2020 21:47

A Liga calcula que se volva xogar ou ben a finais de maio ou ben a principios de xuño. Ou, no peor dos casos, a finais de xuño. Javier Tebas di que os equipos que pelexan por non descender están interesados nunha suspensión definitiva. Esa opción Tebas só a concibe cando pasa unha mala noite: "Só o concibo cando teño un pesadelo, nunca cando estou esperto. Ese debate é estéril e só o sosteñen os equipos que pelexan por non descender. Non sei se con público ou sen el, pero vaise xogar e vaise acabar a liga", di o presidente da Liga.

Tebas recoñece que a reunión da Liga cos xogadores acabou sen acordo pero que se alcanzará dentro de cada club: "Non foi posible o acordo global. É polo futuro do fútbol, e teñen que entendelo os xogadores".

Sobre a calor e o descanso nos partidos do verán, a Liga lembra que é quen pon os horarios e que se terá en conta a saúde dos fútbolistas. Por outro lado Tebas recoñece que nas próximas semanas o fútbol español terá que estar atento ao resto de Europa: "Ao estaren os calendarios coordinados, hai que estar pendentes de Europa", sinala.

As incógnitas seguen a ser moitas, e os acordos, pouco concretos.








 

Noticias web

07/04/2020