CRTVG

Buscar

Tebas: "Se o Deportivo ascende, corresponderanlle 30 millóns de euros"

Publicado o 13/08/2021 11:18

O Celta vai recibir 85 millóns de euros en tres tempadas, e para o Lugo, ao que lle corresponderían 9,6 millóns. Os cartos deben investirse en infraestruturas, nun 70 por cento, en pagamento de débedas, o 15 por cento, e o restante 15 por cento permitiralles aos clubs aumentar o teito salarial e facer fichaxes. O acordo foi aprobado por 38 clubs. O Real Madrid anunciou unha demanda.

Este acordo co fondo de investimento CVC pode supoñer un aliciente enorme para clubs como o Deportivo. Se ascende á Segunda, é dicir, volve ao fútbol profesional e se une a ese contrato, percibiría ata 30 millóns de euros. A cifra sae das tempadas que o Dépor estivo en Primeira División.

"Si que pensamos nos clubs, naqueles que estiveron na Liga dende que existe o Real Decreto de televisión, como por exemplo o Deportivo. Se consegue ascender, estivo tantos anos que lle corresponderán 30 millóns de euros", declarou Javier Tebas.

Noticias web

13/08/2021