CRTVG

Buscar

Taxistas de Vigo ameazan con levar saia se se aproba a ordenanza municipal

Publicado o 10/07/2018 21:13

Os taxistas de Vigo ameazan con levar saia se se aproba a nova ordenanza municipal que prohibe levar pantalón curto durante a xornada laboral. A normativa tamén prohíbe o uso do chandal e das camisetas de tirantes na vestimenta dos condutores. A medida mantén divididos os profesionais do taxi entre os que están a favor e en contra das bermudas.

A aprobación da nova ordenanza municipal do taxi prevista para o pleno do próximo mes contempla, entre outras cuestións, a modificación na indumentaria dos profesionais. A normativa prohibe o uso do pantalón curto durante a xornada laboral, un punto que está a xerar polémica no sector, con opinións a favor e en contra. Os que rexeitan a medida ameazan con levar saia como medida se se aproba a ordenanza. 

A nova normativa tamén prohibe vestir con chandal, camiseta de tirantes e chanclas. Mentres que uns defenden un aspecto adecuado de cara ao público e á imaxe, outros din que coa calor é preciso levar pantalón curto de vestir.

A normativa esténdese aos vehículos, que terán que cumprir unhas condicións de hixiene e limpeza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2018