CRTVG

Buscar

Tatuaxes solidarias en Lugo para que ningún neno quede sen xoguetes

Publicado o 17/12/2020 18:56

Facer unha tatuaxe ou poñer un 'piercing' neste estudio de Lugo pode axudar a que algún cativo da cidade poida contar nestas festas cun xoguete novo. Trátase dunha iniciativa solidaria promovida por estes tatuadores venezolanos en que os clientes, no canto de pagar con cartos, entregan xoguetes de igual valor que logo serán entregados a cativos de familias desfavorecidas.

A campaña Tatuaxes por xoguetes, que cumpre en Lugo a súa segunda edición, conta cunha grande acollida entre os clientes. Organízase en colaboración coa Cruz Vermella, que será a encargada darepartición destes agasallos para que ningún neno quede sen xoguetes este Nadal.

 

Noticias web

17/12/2020