CRTVG

Buscar

Tardío espertar do Celta (1-2)

Publicado o 17/09/2021 22:46

O Cádiz marcou dous goles no treito final da primeira metade. Os de Coudet xeraron moitas ocasións no segundo acto, pero non puideron lograr o empate

O Celta segue sen gañar nesta temporada 2021-22. Perdeu por 1-2 diante do Cádiz nun partido no que pagou os erros do treito final da primeira metade. 

O partido comezou cunha gran ocasión de Cervi. No minuto 38 Lozano adiantou aos andaluces e pouco despois un penalti cometido por Fontán propiciou o 0-2. Dituro parou o lanzamento de Salvi, pero o rexeite foi aproveitado por Espino. 

Na segunda parte o cadro vigués soubo refacerse, recurtou diferenzas cun gol de Santi Mina e xerou moitas ocasións pero faltou a efectividade. Mesmo estrelou dous remates contra o longueiro no tempo engadido.