CRTVG

Buscar

Tarde de domingo anubrada e con temperaturas caendo ata os 20 graos no litoral

Publicado o 11/07/2021 21:01

Toca retirada. Despois dun sábado de sol espléndido nas Rías Baixas a mañá do domingo rebaixou un pouco as expectativas dun día fabuloso de praia. A culpa téñena esas nubes que á mañá só asomaban o morro pero que segundo foron pasando as horas se deixaron ver enteiras ata baixar uns graos a temperatura. Estamos en Baiona.

Pois quizais, ben entrado xullo, un pouco máis de sol e calor. Seguimos nas Rías Baixas. Agora estamos na praia urbana de Vigo por excelencia, Samil. As nubes comezaron a facer decaer a influencia anticiclónica e a fronte que xa entrou polo noroeste e que se estenderá polo litoral coruñés e lugués baixou as temperaturas dos 25 graos á mañá aos 21 graos ao serán.

Por iso onde estaba a xente era no paseo, e non no areal, ventoso e onde a sensación térmica non animaba a espirse. E así, con nubes e claros, mesmo algún orballo, seguirá o tempo no litoral do sur galego ata o mércores, cando xa haberá ceo azul e temperaturas que chegarán ata os 27 graos.

Noticias web

11/07/2021