CRTVG

Buscar

Tardarán como mínimo 35 horas máis en dar con Julen

Publicado o 19/01/2019 15:08

Como mínimo os equipos de rescate tardarán 35 horas máis en dar coa zona onde cren que está Julen. A chuvia desta noite, máis alá de supor ter que acondicionar as evacuacións de auga e as drenaxes do terreo, non ralentizou moito o plan de traballo. Desde o amencer as máquinas traballaron en achaiar o terra onde se está abrindo un túnel vertical en paralelo ao pozo no que caeu Julen o domingo. Superaron xa a cota dos 25 metros e agora teñen que seguir perforando ata os 71 metros
 
Angel García Vidal, o xefe do operativo de rescate di que é onde está a terra que cen que cubre a Julen. Non coñecen a altura do tapón, nin se é un tapñon, é dicir, se a terra segue ata o fondo Unha vez cheguen aos 71 metros de perforación vertical comezarán a facer unha galería horizontal que os leve ata Julen. Ese corredor horizontal levará 20 horas máis. Angel di que é un traballo dos equipos mineiros, e a priori non se sabe. Podería ser unha estimación de 20 horas máis pero indo todo moi favorable.

Se nese punto non aparecera o neno de dous anos terían que planificar outra galería horizontal por baixo desta. Pero o xefe do operativo de Totalán di que traballan coa certeza e co ánimo de que Julen ten que estar alí. Angel García Vidal. Xefe do operativo de rescate. di que non pesan as horas, non pesa o cansazo, non pesa o non durmir. A esperanza, segundo Daniel Alcaide, de Protección Civil, é o último que se perde.

Máis de 300 persoas traballan en quendas de oito horas. O xeolocalizador permitiu determinar que o pozo ten unha desviación entre a boca e o fondo.

Noticias web

19/01/2019