Tardan dez minutos en contactar coa comisaría e teñen que reter os ladróns
Era a segunda vez que a ían roubar, polo que os propietarios deste comercio da zona histórica de Santiago cando os viu entrar pola porta levantou o teléfono e marcou o 091.
"Atendéronnos varias veces en Madrid e que o volvésemos intentar", di Sebastián Tecce, propietario do comercio
Ata dez minutos tiveron que esperar ata que contactaron coa comisaría local. Tempo en que tiveron que reter os dous ladróns.
"É verdade que non houbo violencia, eu retiven un e esperou tranquilo a policía", di Tecce.
Dende que as salas do 091 deixaron de funcionar nas comisarias das cidades, o servizo centralizouse na Coruña e en Vigo, pero un fallo fixo que a chamada se recibise en Madrid.
"Tamén chamaron veciños e coñecidos e o mesmo, contestaban en Madrid", engade este comerciante.
Para estes dous comerciantes, a demora na resposta xera inseguridade.
"Non só o do 091, que é grave, senón que é inxusto e inseguro, primeiro hai que dar coa policía e logo estás aquí e os delincuentes andan pola rúa", lamenta este comerciante.
Unha vez que conseguiron alertar a comisaría local, a resposta foi rápida e en menos de dous minutos os axentes estaban na porta do establecemento.