Tapian un inmoble ocupado de xeito ilegal na Coruña
O Concello da Coruña emitíu unha orde de xeito conxunto coa Subdelegación do Goberno para tapiar un inmoble do barrio coruñés de Vioño. E fano coa vixilancia dunha patrulla da Policía Local que controlará a zona día e noite para evitar posibles conflitos.
O edificio, a medio construír, estaba ocupado. "Aquí tiñan que tomar medidas porque a xente xa non pasaba por aquí. Non pasaba porque tiñamos pánico. Agora van tapiar e polo menos dá seguridade e xa non van entrar que é o interesante", di un veciño.
Fala dos últimos ocupantes ilegais que chegaron ao edificio, un grupo de mozos que hai tres meses foran desaloxados doutro inmoble do barrio da Falperra. Aquí, co material de obra que quedou abandonado anos atrás, construíron pequenos casetos onde resgardarse.
Agora que o Concello, coa subdelegación do Goberno, ordenou tapiar o primeiro andar deste edificio abandonado para evitar novas ocupacións, veciños e veciñas confían en poder vivir con máis tranquilidade.