Tapia completa o primeiro adestramento co Celta. Brais e Mina terán que agardar
Publicado o 15/08/2020 16:48
O Celta completou a primeira semana de pretemporada. Mantendo todos os protocolos de seguridade da Liga e coa boa nova da recuperación de Renato Tapia, ausente nas primeiras sesións por mor dunha amigdalite. Os xogadores terán libre ata o luns. Hoxe Santi Mina e Brais Méndez volveron dar positivo no test de coronavirus polo que terán que agardar para iniciar os adestramentos co resto dos compañeiros.