CRTVG

Buscar

Satisfacción nos campings galegos pola gran ocupación na segunda quincena de xullo

Publicado o 17/07/2019 13:58

A segunda quincena de xullo arranca cunha ocupación alta nos cámpings, aínda que o cen por cento conseguirase no vindeiro mes. Os campistas veñen buscando natureza e un ambiente familiar onde sentirse cómodos.

Son moitos os que elixen os cámpings como destino de vacacións. Na súa maioría son familias que repiten ano tras ano, pero tamén se deixan ver estranxeiros ou persoas que proban a experiencia por recomendacións doutras.

Dende agora, espérase a chegada de máis campistas ata completar a capacidade dos cámpings no mes de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019