CRTVG

Buscar

Támara Echegoyen segue na loita por estar en Toquio

Publicado o 04/02/2020 11:03

En vela, a galega Támara Echegoyen segue na súa loita por unha praza olímpica para Toquio. Onte venceu, xunto coa súa compañeira Paula Barceló, no Campionato de Oceanía, en Australia, antesala do mundial das clase 49er que se celebra dentro duns días no mesmo escenario.

A viguesa Patricia Suárez lograra a clasificación para o país, pero queda por decidir quen representará a España nos Xogos. En Oceanía Suárez foi décimo terceira.

En categoría masculina tamén houbo triunfo galego, da man de Iago López Marra, facendo parella con Diego Botín.


 

Noticias web

04/02/2020