CRTVG

Buscar

Támara Echegoyen prepara en Lanzarote os Xogos de Toquio

Publicado o 24/03/2021 11:14

• Loitará con Paula Barceló por lograr unha medalla en 49er

Tamara Echegoyen pon a alma na preparación de Toquio. A campioa olímpica en Londres 2012 quedou cun sabor amargo nos últimos xogos de Río, cando se lle escapou a medalla na última regata.

O atraso dos xogos pola pandemia deulle tempo extra para compenetrarse coa mallorquina Paula Barceló, a súa tripulante na clase 49er.

O mundial deulles o pasaporte para O Xapón. E as competicións posteriores, como na que participan estes días en Lanzarote serven para replicar as condicións cambiantes das augas olímpicas.

Entre ciclos olímpicos, Támara probou a vela oceánica, onde albisca o seu futuro despois de Toquio: "A miña cabeza non está nun cuarto ciclo olímpico".

Pero antes Toquio. Con 37 anos, Támara Echegoyen vai a toda vela pola súa segunda medalla olímpica.

Noticias web

24/03/2021