CRTVG

Buscar

Támara Echegoye e Paula Barceló, sextas na xeral do Campionato de Europa de vela

Publicado o 29/09/2020 21:57

Xornada difícil en Austria, na estrea do Campionato de Europa de vela nas clases 49er e Nacra 17. No Europeo participa a galega Támara Echegoyen en FX. O vento débil e as condicións propias do lago, con caídas de presión de vento, marcaron a pauta neste primeiro e longo día de regatas. Disputáronse tres probas nesta xornada. Támara e Paula Barceló, actuais campioas do mundo, comezaron moi ben cun primeiro posto. Un pequeno esvarón levounas ao décimo cuarto na segunda, pero recuperaron na terceira rolda cun segundo lugar que as coloca na sexta posición da clasificación xeral. Son a tripulación española mellor situada nas clasificacións provisionais das tres categorías.

Noticias web

29/09/2020