Tamara Abalde e Raquel Carrera estarán nos xogos de Toquio
Publicado o 12/07/2021 13:18
A ourensá Paula Ginzo foi finalmente descartada por Lucas Mondelo
O número de deportistas galegos que van estar en Tokyo ascende a vinte. Dúas baloncestistas galegas estarán nas olimpíadas.
Tamara Abalde e Raquel Carrera foron seleccionadas por Lucas Mondelo. Para a viguesa será a súa segunda experiencia como olímpica. Con dezanove anos estivo en Pequín 2008. A idade que ten a ourensá Raquel Carrera que debuta en citas olímpicas.
Nunca o baloncesto galego tivera dobre representación. Foi descartada outra ourensá: Paula Ginzo.