CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Taller de cine para os máis pequenos no Play Doc

Publicado o 28/04/2018 21:35
En Tui segue celebrándose a décimo cuarta edición do Play Doc, o festival internacional de documentais. Proxeccións, música e talleres dedicados a todos os públicos ata o vindeiro un de maio.

Esta tarde foi a quenda dos máis pequenos. Con eles coñecemos as orixes do cine e da fotografía.


En apenas unha hora este grupo de oito nenos, con idades comprendidas entre os 8 e os doce anos, lograron construír unha cámara de fotos feita con cartón.


E pouco máis que engadir a un traballo que se culmina cunha sesión de fotos diferente. Aquí a inmediatez do móbil desaparece e entra en xogo o cronómetro para calcular a luz que debe incidir sobre o papel fotográfico.


E unha vez que levan os seus traballos a este laboratorio de revelado comezan a xurdir as imaxes e os seis protagonistas.
INSERTOS NIÑA
INSERTO PABLO
Este taller rematou coa gravación individual dunha película dun minuto. Unha viaxe entre o artesanal e o dixital que lles serviu como fonte de inspiración para seguir creando coas súas mans nun mundo de luces e sombras.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí