Taiwán, primeiro país asiático en aprobar o matrimonio homosexual
Publicado o 17/05/2019 21:37

Hoxe celébrase tamén o Día Contra a LGTBI+fobia. E hoxe mesmo Taiwán acaba de facer historia en Asia coa aprobación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Con 66 votos a favor e 27 en contra, este fito coloca a Taiwán na vangarda do crecente movemento polos dereitos dos homosexuais no mundo asiático.