CRTVG

Buscar

Taichí de balde en Ourense, pero con máscara

Publicado o 10/07/2020 14:50

Amencer facendo taichí nun espazo verde, no medio da cidade, é comezar o día con outra actitude. Dende 1983 levan facéndose en Ourense no verán estas clases de taichi con asistencia libre e de balde, para todas as idades e condicións físicas.

Unha arte marcial milenaria da China que está indicada para tonificar os músculos, aumentar o equilibro e a concentración e elimina o estrés, entre outros beneficios que notan quen o practican.

Pero tras 36 edicións, esta é a máis atípica. Ao estar ao aire libre e protexidos, o risco de contaxio é mínimo, din, por iso estas clases madrugadoras de taichi están este ano máis concorridas. Buscan exercicio seguro.

Noticias web

10/07/2020