CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Taboleiros Hispanos afiánzase en Galicia cun proxecto de modernización da fábrica luguesa

Publicado o 08/06/2018 14:54

Unha das principais empresas de transformación de madeira na provincia de Lugo, Taboleiros Hispanos, presentaba hoxe o seu proxecto de modernización e ampliación para os dous próximos anos. Un proceso que comezou aquí na posta en marcha da nova liña de fabricación de melamina. Un investimento de preto de 40 millóns que permitirán duplicar a súa produción. Cada día saen de aquí 700 metros cúbicos de taboleiros en aglomerado e melamínico, elaborados nun 95 por cento con piñeiro galego.

Agardan estar a pleno rendemento no 2020 cun consumo de 380.000 toneladas de madeira e aumentar o cadro de persoal ata os 150 traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí