CRTVG

Buscar

Susto nunha estrada de Noia tras precipitarse unha árbore en medio da calzada

Publicado o 16/03/2019 13:37

Vaia susto tiveron que levar algúns condutores que pasaban esta tarde por unha estrada de Obre, en Noia. Como se ve no vídeo, unha árbore, que estaba sendo cortada por uns madeireiros, precipitouse en medio da estrada. Xusto acabara de pasar un coche, ao que por pouco non lle caeu enrriba.

Segundo confirmaron desde Protección Civil de Noia, aos madeireiros rompeulles un cable do tractor e iso foi o que provocou a caída. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e foron eles mesmos recolleron a árbore que obstaculizaba a estrada. 

O programa "A Revista" conectará este sábado co lugar para coñecer máis detalles do ocorrido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019