Susto na central nuclear de Zorita ao envorcar un guindastre de gran tonelaxe
Publicado o 07/12/2020 12:30
Espectacular accidente dun camión guindastre de gran tonelaxe na central nuclear de Almonacid de Zorita, en Gualaxara.
O guindastre envorcou cando suxeitaba unha peza de aceiro que acababa de ser cortada do edificio de contención do reactor nuclear. Non houbo feridos e todo quedou nun susto.