Susto en Viveiro ao descarrilar un tren, sen que se producisen danos persoais
Publicado o 03/08/2019 15:37
Susto esta pasada noite en Viveiro. Un tren que cubría o traxecto entre Ferrol e Ribadeo descarrilou á altura deste concello da mariña lucense, afortunadamente sen que se produciran danos persoais. O descarrilamento produciuse nunha zona de dificil acceso. Os equipos de emerxencia desprazáronse ata o lugar do sinistro para evacuar os 17 pasaxeiros que ian no tren. A vía segue cortada, aínda que, segundo as previsións de RENFE, restablecerase a circulación esta mesma tarde.