Susto en Vigo: atropelan un señor de 70 anos que estaba na terraza dunha cafetería
Publicado o 10/07/2020 14:07
Tremendo susto en pleno barrio de Coia en Vigo. Un peón de 70 anos foi atropelado por un Renault Clío que antes impactara con outro vehículo. O Renault chegou a invadir a terraza da cafetería.
Os condutores non sufriron dano ningún, malia que o segundo vehículo, un Citröen Xsara acabou sobre dúas rodas.Tres ambulancias e unha patrulla de atestados da policía local achegáronse ata o lugar do sinistro.