CRTVG

Buscar

Susto nas festas de Cangas do Narcea polo estoupido de 1.440 voadores

Publicado o 15/07/2019 18:51

Susto importante para os traballadores da pirotecnia lucense Astariz. Estouparon 1.440 voadores durante as festas de Cangas do Narcea. Hai un ferido leve.

Cara ao final da tirada de voadores, sobre a unha da madrugada, produciuse unha deflagración incontrolada de trinta táboas da pirotecnia Astariz, de Outeiro de Rei. As medidas de seguridade habilitadas evitaron consecuencias maiores. Só houbo danos en ventás, cristais e persianas de vivendas.

O susto lembrou o ocorrido hai agora un ano. Daquela quedaran 20 persoas feridas e decenas de casas e negocios desfeitos.

Noticias web

15/07/2019