CRTVG

Buscar

Suspensión de militancia e expediente sancionador para os concelleiros do BNG de Catoira por apoiar o PP

Publicado o 17/06/2019 13:22

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, confirma a suspensión cautelar de militancia e a apertura dun expediente sancionador para os concelleiros de Catoira, Pontevedra.

Ana Pontón dixo, en conferencia de prensa na sede do seu grupo parlamentario, que no caso de Catoira a dirección do partido puxo "unha directriz moi clara para non permitir que o que pasou pasase" e que os edís desobeceron a formación sen respectar "os valores" cos que se presentaron ás eleccións, xa que pactaron co PP.

A voceira nacional do BNG engadiu que o caso de Mondariz é diferente porque "non houbo ningún tipo de contacto co PP", senón que "se presentou a candidatura do BNG e o que pasou no pleno foi unha sorpresa, un apoio inesperado, polo que non haberá que tomar medidas contra os concelleiros".

Ana Pontón tamén condenou a situación de Fene dicindo que "é o único concello onde o PSOE fixo alcalde o PP en vez do BNG", malia que había unha maioría de esquerdas.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019