Suspendido o San Fermín por segundo ano consecutivo
Publicado o 26/04/2021 12:05

O alcalde de Pamplona, Enrique Maya, anunciou este luns a suspensión do San Fermín 2021, por segundo ano consecutivo, debido á situación sanitaria xerada pola covid-19. A decisión foi comunicada en conferencia de prensa polo alcalde, despois de reunirse coa Xunta de Portavoces e trasladalo á Mesa do San Fermín.
Ao longo dos últimos meses foron numerosas as voces que apuntaron a dificultade dunha celebración multitudinaria como o San Fermín pola situación epidemiolóxica, e incluso o alcalde xa comentara que consideraba "absolutamente imposible" celebrar unhas festas "como as que coñecemos", pero non foi ata este luns cando se deu a coñecer a suspensión oficial.