CRTVG

Buscar

Suspendidos os policías que empregaron gas pementa para deter unha menor nos estados Unidos

Publicado o 03/02/2021 10:05

É o momento en que os axentes deteñen unha menor negra de 9 anos e a agreden con gas pementa. Detivérona e inmobilizárona porque, supostamente, presentaba indicios de sufrir un brote psicótico, e ameazaba -din- con matar a súa nai e suicidarse. 

A nena, cuxa identidade non se coñece, foi esposada e. ao resistirse a entrar no coche policial, os axentes botáronlle o gas pementa nos ollos. 

No vídeo apréciase como a menor suplica que lle limpen os ollos, ao que os policías responden pechando a porta do coche.  

O suceso tivo lugar na cidade de Rochester, no estado de Nova York, onde xa se abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Os 9 axentes implicados foron suspendidos preventivamente. 

Pero a escena xerou unha forte indignación social, e desencadeou numerosas protestas contra a violencia policial. 

É a segunda vez nun ano que policías de Rochester son acusados de actos violentos contra a cidadanía. En marzo, un home negro, Daniel Prude, morreu tras ser detido nesa cidade.  

Noticias web

03/02/2021