CRTVG

Buscar

Suspendidos de militancia os participantes na liorta da Asemblea de Anova

Publicado o 20/03/2017 20:36

O alcalde de Santiago e ex-voceiro de Anova, Martiño Noriega, condenou os incidentes pero asegura que o plenario foi moi tranquilo

A terceira Asemblea da Anova, a da despedida de Xosé Manuel Beiras como voceiro nacional, quedou embazada por esta liorta que protagonizaron ex-militantes da FPG e de Xeira, organización xuvenil da fronte. E o detonante foi a intervención de Beiras, reclamando un maior aperturismo. O histórico político nacionalista recibiu os aplausos da maioría dos presentes pero tamén algunhas protestas, que derivaron nun enfrontamento físico, con patadas e empurróns incluídos. Un dos que acudiu a separalos foi o alcalde de Santiago e ata ese momento covoceiro de Anova, Martiño Noriega.

Unha opinión que comparte Antón Sánchez, que o novo voceiro nacional desde o 1 de abril.

A través dun comunicado, a organización xuvenil Xeira pediu desculpas polo prexuízo que o incidente lle poida causar ao movemento popular. O mesmo fixo, a título persoal un militante de Ourense que participou na rifa, e que decidiu pedir a baixa voluntaria en Anova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017