CRTVG

Buscar

Suspendido un xuízo por un desacordo entre Policía Nacional e Garda Civil

Publicado o 18/12/2019 14:36

Un desacordo entre a Garda Civil e a Policía Nacional sobre o traslado dun acusado aos xulgados de Santiago obrigou a suspender un xuízo por tentativa de homicidio.

O acusado de atropelar adrede o seu ex-cuñado en Boiro hai sete anos ingresou no hospital de Pontevedra o luns. Un forense ditaminou que estaba en condicións de asistir ao xuízo previsto para hoxe e mañá na sección da Audiencia Provincial con sede en Santiago. Esta mañá, o maxistrado contactou para o trasado coa Policía Nacional, que lle pasou a pelota á Garda Civil. Despois de hora e media, a Garda Civil respondeu que era competencia da Policía Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/12/2019