CRTVG

Buscar

Suspendido temporalmente o contrato entre Vueling e o Concello da Coruña

Publicado o 30/09/2020 08:42

Suspéndese temporalmente o contrato entre a compañía aérea Vueling e o Concello da Coruña. 

Malia que a liña aérea non se pronunciou sobre a suspensión do contato, todo apunta a que vai afectar aos viaxeiros que escollan destinos como Barcelona, Sevilla ou Mallorca. Cancélase ademais o voo con Valencia, e non se vai vai recuperar o enlace con Londres, pechado desde o mes de agosto.

O Concello da Coruña tomou esta decisión por causas de forza maior, unha medida avalada polos técnicos. O obxectivo é manter todos os enlaces deste aeroporto de Alvedro que Vueling viña recortando nos últimos meses da pandemia. E por iso, a maiores da suspensión, tamén se aprobou unha prórroga do contrato que implica que se vai recuperar con normalidade a partir do 28 de marzo do ano que vén. 

Estas circunstancias derivadas da pandemia non só se están a sentir no aeroporto da Coruña, senón que a redución de viaxeiros afecta aos tres aeroportos galegos, e moitas compañías están a recortar tanto enlaces como frecuencias dos seus voos.

Noticias web

30/09/2020