CRTVG

Buscar

Suspendido o Rácing de Ferrol-Sevilla polos estragos do temporal na Malata

Publicado o 14/11/2019 19:07

O temporal obrigou a suspender o Rácing de Ferrol-Sevilla por mor dos estragos que causou no campo da Malata. Era un partido especial para conmemorar os 100 anos de historia do equipo ferrolán.

Íanse enfrontar nada menos que a todo un Sevilla, rememorando a histórica final de Copa que os dous conxuntos disputaran en 1939. De feito, o equipo de Lopetegui, con grandes nomes como Nolito ou Chicharito, chegaba esta mañá ao aeroporto de Santiago. Pero veu o temporal e levou por diante parte da cuberta da Malata, e houbo que suspender. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019