Suspendido o Elxe-At. Guardés da European Cup por casos de covid-19 no equipo alacantino
Publicado o 08/01/2021 16:34
Suspendido a ida de oitavos de final da Copa Europea do Atletico Guardés co Elxe.
A causa é que dúas xogadoras do equipo alacantino deron positivo nas probas médicas. A Federación Europea ten que tomar agora unha decisión sobre esta eliminatoria, pois non se sabe que vai pasar co partido de volta dentro dunha semana.
Curiosamente, o Guardés xa superou a anterior eliminatoria europea sen ter que xogar, xa que o seu rival, o Zug suízo, tiña moitas restricións sanitarias.