CRTVG

Buscar

Suspendido o congreso para elexir o líder das Xuventudes socialistas en Galicia

Publicado o 02/11/2018 19:49
Suspendido o congreso para elexir o líder das Xuventudes socialistas en Galicia

A Comisión Executiva Federal das Xuventudes socialistas de España suspende o congreso extraordinario das xuventudes socialistas galegas que se ía celebrar mañá e do que Aitor Bouza ía saír elixido como secretario xeral. Faino porque considera que se cometeron numerosas irregularidades no proceso para elixir o novo líder das xuventudes socialistas galegas. A Comisión Executiva Federal nomea, ademais, unha comisión xestora mentres non se designe unha nova directiva.

A través desta resolución a Comusión Executiva Federal das Xuventudes socialistas de España enumera as irregularidades que cometeu a dirección das xuventudes socialistas galegas para confirmar o relevo do anterior líder, Nabor González quen, o pasado 20 de outubro, dimitiu por motivos persoais.

Destaca que non seu informou aos militantes da apertura do proceso de primarias. Fixérono a través das redes sociais, algo que non se axusta, din, á nomativa interna. Ademáis, só deron dous días para a presentación de candidaturas para ese proceso, cando, tal e como expón o seu regulamento, explican, o prazo para a recollida de avais debe durar 15 días.

Indican, ademáis, que só se lle comunicaron á militancia, o resultado, cando rematou o proceso.

Só se presentou un candidato: Aitor Bouza Manso quen, segundo consta nesta resolución, actuou como secretario xeral, sendo consciente de que non tiña lexitimidade para facelo.

A comisión Executiva Federal di tamén que a dirección socialista galega non lles facilitou información do proceso a pesares de que o solicitaron.

Por todo isto, este órgano das xuventudes socialistas nacionais suspenden o Congreso que as xuventudes galegas ían celebrar mañá e do que Aitor Bouza ía saír elixido como secretario xeral. Nomea, ademáis, unha xestora mentres non se designe unha nova directiva.

Noticias web

02/11/2018