CRTVG

Buscar

O aeroporto de Vigo volve á normalidade tras o accidente dun camión de bombeiros

Publicado o 09/05/2019 17:57

• As chegadas de avións estiveron suspendidas durante tres horas

• O bombeiro que conducía o vehículo saíu polo seu propio pé e foi trasladado a un centro hospitalario

Estivo pechado case dúas horas e foron dous os voos afectados. A chegada dun avión procedente de Madrid tivo que ser desviado a Santiago de Compostela e outro que saía tamén cara a Madrid sufriu un atraso de 85 minutos. Eran voos de primeira hora que se viron afectados polo envorcamento dun camión de bombeiros preto da cabeceira da pista que realizaba as tarefas de revisión de pista de primeira hora que se realizan todos os días. Aínda non se coñece a razón pola que o camión quedou deitado, pero o condutor saíu polo seu propio pé e foi trasladado ata o hospital para valorar o seu estado. O tráfico foi completamente restablecido contra as nove.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí