Suspendida a Volta a Galicia 2020
Publicado o 09/09/2020 21:32
Non haberá Volta ciclista a Galicia este ano. A decisión tomouse esta tarde nunha reunión en que estiveron equipos participantes, a federación galega de ciclismo e a Secretaría Xeral para o Deporte. Non haberá volta a Galicia por que non hai un protocolo de seguridade específico para unha proba de carácter estatal. Finalmente primouse a protección e saúde dos deportisitas e do público fronte á competición deportiva.