CRTVG

Buscar

Suspéndese un xuízo por lesións na Coruña pola abstención dunha maxistrada

Publicado o 22/01/2019 13:46


Na Audiencia Provincial da Coruña suspendeuse o xuízo contra unha muller que lle deu dous puñazos a un home nun bar de Ferrol
Tras a presentación das cuestións previas por parte da acusación particular, a presidenta do tribunal decidiu absterse porque xa interviñera nun recuso previo e será substituída por outra persoa.

A acusada enfróntase a unha petición do fiscal de tres anos de cárcere por lesións por imprudencia. Pero o avogado da familia do agredido, que xa faleceu, pídelle 12 anos porque cre que tivo intención de causar dano, e pretende que se modifique o procedemento.
 

Noticias web

22/01/2019