CRTVG

Buscar

Suspéndese a Fase Adicional de ascenso a 2ªB por tres positivos no Marino

Publicado o 01/08/2020 19:58


E máis problemas derivados dos positivos por coronavirus. A Federación Española de fútbol suspendeu os partidos da fase adicional de ascenso a segunda B pola aparición de tres casos no Marino canario

O equipo pasou os test o xoves e todos deron negativo polo que logo de adestrar este venres sen manter ningunha medida de seguridade, viaxaron cara Madrid, onde se ía disputar a fase. Á chegada á Cidade do Fútbol das Rozas os catro conxuntos participantes volveron someterse a controis médicos e aí apareceron os tres positivos no Marino. A Federación avisou inmediatamente ás autoridades sanitarias e deportivas e decidiu suspender os dous choques previstos: o Lealtad-Alcoiano desta tarde e o Marino-Linares de mañá. No caso de que finalmente haxe 24 equipos en segunda, estes catro campións de terceira poderían xogar na segunda división B, sen necesidade de disputar estas eliminatorias.

 

Noticias web

01/08/2020