CRTVG

Buscar

Suspéndese a busca do bañista supostamente desaparecido en Samil

Publicado o 06/08/2019 14:30
Suspéndese a busca do bañista supostamente desaparecido en Samil

O operativo de rastrexo levado a cabo nas últimas horas por mergulladores da Garda Civil, Bombeiros de Vigo, Protección Civil e o Helicóptero Pesca 1 rematou sen resultados. Polo de agora non se presentou ningunha denuncia de desaparición por parte de familiares ou amigos. A busca suspéndese, pero os servizos de emerxencias mantéñense alerta, por se xorde calquera novidade.

O mozo, supostamente, afundiu cando nadaba cara a unha boia acompañado doutro home. Foi precisamente esta persoa quen alertou de que non saíra á superficie.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019