CRTVG

Buscar

Suspenden provisionalmente de funcións a xuíza pitonisa de Lugo

Publicado o 12/07/2018 14:10

Suspende temporalmente de funcións a xuíza de vixilancia peninteciaria de Lugo, investigada por presuntamente exercer unha actividade paralela atendendo unha consulta do tarot.

O Consello Xeral do Poder Xudicial xa lle abrira un expediente disciplinario. As actuacións practicadas na investigación acreditaron esta actividade paralela pola que incluso cobraba. Ante a gravidade dos feitos, a sanción podería ser mesmo a súa expulsión da carreira xudicial. Antes da resolución definitiva, ábrese o período de alegacións tanto para a maxistrada coma para o ministerio fiscal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018